Aviso legal
Última actualización · 20261. Datos identificativos
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSICE), infórmase que este sitio web, accesible no dominio cousas.gal, é titularidade de:
- Razón social: Cousas por Facer SL
- NIF: B94176112
- Domicilio: 36655 Caldas de Reis, Pontevedra (Galicia, España)
- Teléfono: 629 430 629
- Email: info@cousas.gal
2. Obxecto e ámbito de aplicación
Este aviso legal regula o uso do sitio web cousas.gal (en adiante, "o sitio web"). A navegación polo sitio web implica a aceptación deste aviso legal na súa totalidade.
3. Condicións de uso
O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que Cousas por Facer SL ofrece a través do sitio web, e a non empregalos para incorrer en actividades ilícitas ou contrarias á boa fe e ao ordenamento legal, nin para causar danos aos sistemas físicos e lóxicos de Cousas por Facer SL, de terceiros, ou introducir virus informáticos ou realizar accións que poidan danar, alterar ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
4. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos do sitio web (textos, imaxes, deseño gráfico, código fonte e demais elementos) son propiedade de Cousas por Facer SL ou de terceiros que autorizaron o seu uso, e están protexidos polas normas de propiedade intelectual e industrial. Queda prohibida a reprodución, distribución ou modificación destes contidos sen autorización expresa e por escrito de Cousas por Facer SL.
5. Responsabilidade
Cousas por Facer SL non se responsabiliza dos danos e prexuízos que puidesen derivarse de interferencias, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico, motivadas por causas alleas a Cousas por Facer SL.
Cousas por Facer SL tampouco se responsabiliza dos contidos de sitios web de terceiros aos que se poida acceder mediante ligazóns dende este sitio web.
6. Lexislación aplicable e xurisdición
As presentes condicións rexeranse pola lexislación española vixente. Para calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou uso do sitio web, Cousas por Facer SL e o usuario sométense aos xulgados e tribunais do domicilio do consumidor, ou aos de Pontevedra cando non exista fórmula de sometemento aplicable, sen prexuízo dos foros que puidan corresponder por normativa de consumidores e usuarios.