Resolvemos o que non vén nos manuais.
Traballamos con empresas e administracións de calquera sector, sobre todo naquilo que outros non abordan porque non está estandarizado — ou naquilo de sempre que xa pide unha resposta distinta.
A maioría dos problemas non se resolven mal por falta de medios, senón porque a solución vai por un lado e o obxectivo real vai por outro.
As organizacións teñen obxectivos declarados e obxectivos verdadeiros, e non sempre coinciden. Cando non coinciden, calquera solución, por ben executada que estea, chega a un sitio ao que ninguén quería ir.
Por iso o noso traballo empeza antes da solución: empeza por saber que se quere conseguir de verdade. Unha vez claro o obxectivo, o resto é oficio: pensar como chegar e construír o que faga falla.
Non creemos que todo teña que ser novo. Moitas veces o que fai falla é facer ben o que xa se fai de xeito estandarizado. Outras veces, o problema é vello pero a resposta que se lle deu sempre xa non serve. Distinguir un caso do outro é parte do traballo.
O que facemos
Ver todos os servizos →Imaxina
Definimos que queres conseguir de verdade. Saímos cun obxectivo claro, medible e compartido.
Pensa
Deseñamos como chegar. O resultado é un plan concreto, con prioridades e sen adornos.
Crea
Construímos e implantamos a solución. Acompañamos ata que funciona, non ata que se entrega.
Con quen traballamos
Quen hai detrás
Marcos Pérez
Fundou Cousas por Facer en 2018, en Galicia, para poñer no mercado o aprendido durante anos facendo doutra maneira o que todo o mundo facía igual.