Inicio Servizos Contacto Fálanos

Política de privacidade

Última actualización · 2026

1. Responsable do tratamento

2. Como se tratan os teus datos neste sitio

O formulario de contacto do sitio web non almacena nin envía datos a ningún servidor ou base de datos de Cousas por Facer SL. Ao premer "Enviar", o teu propio navegador abre o teu programa de correo cos datos xa preparados, e es ti quen envía a mensaxe dende o teu propio enderezo de correo directamente ao noso. Cousas por Facer SL só recibe os datos que decidas enviarnos por esa vía, do mesmo xeito que se nos escribises directamente un correo.

3. Finalidade do tratamento

Os datos que nos envíes (nome, email, teléfono e o contido da túa mensaxe) empréganse exclusivamente para xestionar a túa consulta ou solicitude e para responderte.

4. Base legal

A base legal para o tratamento é o consentimento que outorgas ao remitirnos voluntariamente os teus datos a través do formulario ou por correo electrónico.

5. Destinatarios

Non se ceden datos a terceiros, salvo obriga legal.

6. Prazo de conservación

Os datos conservaranse unicamente durante o tempo necesario para xestionar a túa consulta e, en caso de establecerse unha relación comercial, mentres esta se manteña e durante os prazos legalmente exixibles con posterioridade á súa finalización.

7. Os teus dereitos

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos teus datos, en calquera momento, escribindo a info@cousas.gal ou por correo postal ao domicilio indicado no punto 1, xuntando copia dun documento que acredite a túa identidade.

Así mesmo, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se consideras que o tratamento dos teus datos non se axusta á normativa vixente.

8. Cambios nesta política

Esta política de privacidade pode actualizarse para adaptarse a novidades lexislativas ou cambios no funcionamento do sitio web. Recomendamos revisar esta páxina periodicamente.